Streaming ao vivo de Casa de Tolos
Pídenos orzamento ou deixanos o teu teléfono e chamámosteUnha oportunidade de difusión.
Este verán que vén, concertos, festivais ou calquera evento con público non serán como antes. No mellor dos casos van ter que ser cun pequeno número de espectadores. Non obstante, podes facer que os teus eventos teñan un público moito máis grande do que pensas. Durante o confinamento, as persoas acostumáronse a aproveitar as novas tecnoloxías. Así que o streaming en tempo real pode ser unha opción para continuar a difusión dos teus eventos.
Chega a todos os públicos. De todo o mundo!
Agora tes á túa disposición varios miles de millóns de habitantes do planeta para ver e gozar dos teus eventos. Unha gran oportunidade!
Alta calidade de audio e vídeo para calquer ancho de banda
Podemos facer realización ata 4K. Con audio dedicado e adaptado para a mellor experiencia. E por suposto, unha coidada produción complementada con printers e vídeos de continuidade. Se é necesario tamén podemos proporcionar voz en off.
Diferentes opcións de realización para todo tipo de orzamentos.
Dende a realización con cámaras robotizadas ata unha produción completa con cinco operadores de cámaras, grúas e en 4K. Podemos adaptar a produción ao teu orzamento.
Posibilidades de emisión. Monetización
Podemos realizar o teu evento e difundilo de balde en plataformas como YouTube, Vimeo ou RRSS como Facebook, Twitter ou Instagram. Pero tamén temos a nosa propia canle, TolemiasTV, que nos permite optar por diferentes formas de monetización: gratuíta, subscrición ou PPV.
Insercións publicitarias.
Seguro que tes a posibilidade de atopar unha ou varias marcas que poidan pagar por unha produción a cambio da publicidade na emisión do teu evento. Podemos inserir esa publicidade na emisión.
Posibilidade de participación do público: chats en tempo real e RRSS
A tecnoloxía ofrécenos a oportunidade de permitir comentarios da audiencia en tempo real e compartir o contido nas redes sociais. Puntualmente ou na súa totalidade.
Accións de comunicación e marketing no streaming
O importante sobre a difusión en internet é, ademais de que o contido sexa visto e escoitado de xeito impresionante, que o vexa o maior número de público posible. A famosa audiencia. É por iso é vital que a xente coñeza a importancia do antes, durante e despois do evento. Tamén podemos coidar esta parte.