Vídeo
Pídenos orzamento ou déixanos o teu teléfono e chamámosteEspecialistas en produción musical.
Está claro que o que nos pon é a música. Por iso, cando en 2003 comezamos co vídeo decidimos que este ía ser o noso camiño. Por iso especializámonos en gravar e producir concertos para DVDs de artistas ou para tolemiasTV, programas de TV como Os Cantos Rolados ou Enrede, ou mesmo documentais musicais e making of.
Equipamento
En casa de Tolos contamos con todos os recursos técnicos para facer que a túa produción sexa un éxito. Podemos facer producións en 4K co número de cámaras que necesites. Tripuladas ou non e gobernadas por NDI.

Postprodución multicámara
Final Cut, DaVinci ó Adobe Premiere son aplicacións polas que transitamos a diario. Montar concertos en multicámara, facer corrección de cor e incluír a información de setlists e créditos é parte da nosa rutina dende hai moitos anos. E cada día gústanos máis!

Live streaming
Tanto con operadores de cámara, comunicados cunha realización central como con cámaras PTZ NDI facemos a realización en directo cos seus printers e vídeos de continuidade. Dende o noso sistema para o mundo!
