Audio
Pídenos orzamento ou déixanos o teu teléfono e chamámosteEstudio A
O estudio A montámolo en 1999. Buscamos confort e un resultado acústico dende un ambiente natural. É o noso campamento base e o noso soño feito realidade.

Estudio móbil
Esta Volkswagen Crafter permítenos levar a Casa de Tolos a calquera sitio...sacar unhas mangueiras e captar audio e vídeo, gravalo ou realizalo a tempo real.

Gravar anywhere
Podemos gravar coa unidade móbil de Casa de Tolos ou con sistemas alternativos de gravación multipista, sabendo que logo no noso estudo darémoslle o toque perfecto de mestura e mastering para ter un resultado óptimo.

Live streaming
Nos directos por internet (live streaming) facemos unha mestura específica de audio con mastering “ao voo” específica para os oíntes da internet. Como debe ser!
