Presentación do libro-CD de Voces Ceibes a Milladoiro

Unha memoria do Movimento Popular da Canción Galega (1973-1978): DE VOCES CEIBES A MILLADOIRO é moito máis ca un libro.

De feito, é unha viaxe no tempo. Da man de Antón Seoane, un dos nosos músicos máis importantes e peza funda- mental de Milladoiro, viaxamos polos anos anteriores á saída do primeiro disco da mítica formación, ao tempo que se revisa unha época e unha épica. A época do final do franquismo e do intento por construír unha música de nós. A épica de botar a andar un proxecto absolutamente diferente como foi Milladoiro. O libro acompáñase dun CD no que Antón Seoane, Pilocha e Rodrigo Romaní, coa participación de Dónal Lunny, Nando Casal, Bibiano, Miro Casabella, X. Quintas Canella, Dónal Lunny, Harry C, Roi Casal, Manú Conde, Pancho Álvarez, Anxo Pintos, Segundo Grandío, Laura Amado, Quico de Cariño, Natalia Zoltan e outros compañeiros de viaxe e aventuras, volven gravar, dándolles nova vida, cancións emblemáticas do período 1973-1978, algunhas delas rexistradas para este proxecto por vez primeira. Este é o “making of”con algunhos dos momentos vividos durante os dous anos de gravación do CD en Casa de Tolos::

Leave a Reply

Casa de Tolos S. L. Tlf: 986 389138 - estudio@casadetolos.com
UA-88832921-1