Mes temático de Reggae en Tolemias

Roy & Yvonne

Este é o mes temático do reggae na sección de vídeo baixo demanda Tolemias en R, e como mostra deixámosvos o tráiler do concerto que ofreceron Roy Panton & Yvonne Harrison acompañados por Transilvanians no Aturuxo de Bueu o pasado 20 de Xuño.

Trátase dun dos primeiros duetos de Ska e Rocksteady da escena musical xamaicana, con imperdibles carreiras musicais, tanto como parella artística como en solitario.

Roy Panton comezou a súa carreira musical dende moi novo, e cando rematou a escola decidiu tomarse en serio a súa paixón pola música e apostar polos escenarios. A finais de 1950, Roy Panton e Stranger Cole, ficharon polo produtor Duke Reid gravando así dúas cancións tituladas ‘Freedom Land’ e ‘Adam & Eve’ baixo o nome de The Rovers, un nome que xa non volverían utilizar xa que despois desa gravación cada un seguiu por camiños diferentes. Lamentablemente esa gravación nunca vería a luz.

Roy gravou algunhas cancións con Monty Morris nos estudos de Coxsone Dodd, así foi como por suxestión de Sir Coxsone Roy Panton e Millie Small empezaron a cantar xuntos e conseguiron ser un dos duetos mais prolíficos da illa, deixando prensadas moitas gravacións baixo o nome ‘Roy and Millie’. Lamentablemente a marcha de Millie a Inglaterra baixo as directrices de Chris Blackwell (ISland Records) fixo que Roy volvese encontrarse sen parella, pero iso non duraría moito tempo.

No outono de 1962, no studio dirixido por Edward Seaga, Westindies Studios (WIRL), do que posteriormente pasaría a ser dono Byron Lee (Dynamic Sounds Studios), a casualidade da vida fixo que Yvonne e Roy se coñecesen e gravasen o seu primeiro single, coas cancións ‘Two Roads’ e ‘Join Together’. A magnífica interpretación de ambos os dous, e a funcionalidade perfecta das súas voces, fixeron que Roy e Yvonne comezasen unha nova andaina xuntos no que seria un dos duetos mais demandados no pais.

Durante os seguintes anos a moza parella compartiría escenario con grandes músicos como Jackie Wilson, Doris Troy, The Merrymen ou Ray Charles. Tamén cantaron para Byron Lee nas súas famosas festas de fin de ano en 1963 e 1964.

Leave a Reply

Casa de Tolos S. L. Tlf: 986 389138 - estudio@casadetolos.com
UA-88832921-1