Quen somos

Control_PAN
Casa de Tolos é unha compañía do sector audiovisual especializada en produción musical. O estudio de gravación foi fundado en 1999. Conta polo tanto con grande experiencia profesional no campo musical, con máis de 500 traballos musicais gravados e mesturados nos seus estudos en Gondomar (Pontevedra) por onde pasaron músicos e produtores de recoñecido prestixio nacional e internacional.

Conta tamén con ampla experiencia na realización de numerosos contidos para distintas televisións e canles de video on demmand en plataformas de TV cable e online.

EQUIPO HUMANO

O equipo humano de Casa de Tolos abarca dende técnicos de son e vídeo, operadores de cámara, fotógrafos e persoal con experiencia no campo da publicidade, deseño e comunicación.

Leave a Reply

Casa de Tolos S. L. Tlf: 986 389138 - estudio@casadetolos.com