Maio tráenos flores moi diversas e como non podía ser doutro xeito este mes podes gozar en Tolemias, o servizo de VoD en R televisión de Casa de Tolos, de novo contido moi variado.
Para os máis duros e amantes das performances potentes temos a Les Tambours du Bronx co seu espectacular directo, gravados nas festas de San Froilan, Lugo.
Contamos este mes co grupo de pandereteiras A Buxaina coa súa música tradicional, tamén contamos con Riobó a banda de Begoña Riobó, que é a violinista con maior proxección no panorama musical galego.
Cambiando de estilo temos a Felipe Villar que é un dos músicos habituais da escena do Jazz galego nos últimos anos en concerto xunto a Max Gómez na batería e Jose Manuel Díaz no contrabaixo, é dicir a Felipe Villar Trío
Cun aceno moi especial á comunidade xorda, Rozalén, dió un concerto xunto a unha interprete de lingua de signos. Sen dúbida un concerto moi recomendable.
Non nos esquecemos tampouco dos máis peques da casa! Arcos Iris coa súa música clásica adaptada a eles.