Levamos uns días en Casa de Tolos enfrascados nun gran traballo. Trátase dun disco de cantos de berce que edita Kalandraka, onde Paulo Nogueira e Magoia Bodega levan tempo facendo unha coidada selección de pezas tradicionais deste xénero. Ademais duns coidados arranxos e produción, a elección de intérpretes tamén é selecta: Sonia lebedinsky, Mini e Merchi de Leilía. Musicos? pois tampouco está nada mal a cousa. Á parte dos propios Paulo e Magoia tamén están César Longa (Treixadura), Pancho Álvarez, Begoña Riobó e Segundo Grandío. O disco sairá en nadal. Gran disco. Grande aposta de Kalandraka.