Producido e publicado por Casa de Tolos e Paimusica. A presentación do álbum será na Sala Ensanche de Vigo e contará coas colaboracións de Nuria Caicoya, Roma G. Caicoya, Ana Gentil e o showman e cantante Tony Lomba. A presentación farase ás 23:30 o día 19 de Maio, onde Javier interpretará coa súa banda todos os temas en directo do seu cuarto traballo.
O cantautor galego volve a producir novo álbum 8 anos despois do seu último traballo, “Cáncer de tiempo”. O novo traballo vai acompañado do videoclip do single “Borrón y cuenta nueva”, unha visión introspectiva das fatídicas e imprescindibles relacións entre homes e mulleres. Ademáis, resaltar a colaboración no álbum da gran Patricia Moon, da súa voz e da súa virtuosa e inigualable capacidade para tocar o violín.
A obra está marcada pola variedade de rexistro nos estilos, onde atopamos dende un blues extremadamente puro a unha Bossa Nova perfectamente executada. Unha máis que sobresainte forma de ornamentar a un dos mellores letristas do panorama nacional, definido por unha búsqueda constante de profundidade no significado das súas composicións que permiten ó ointe atopar unha nova forma de entender o que está escoitando cada vez que o repite.