Como o novo de Sondeseu, o de Magín Blanco de “A nena e o grilo nun barquiño” en castelán, o de Brañas Folk, os últimos de Treixadura e “Destino Sur” o último disco de Emilio Rúa e de “De voces ceibes a Milladoiro”, codirixido por Antón Seoane e o disco de Xavier Blanco: “Lei Natural”. Tamén participamos, gravando a Treixadura, no novo disco de Kepa Junkera: Galiza, e no último de Siniestro Total.
O disco “De voces ceibes a Milladoiro”, véndese cun libro e pecha a triloxía: documental, libro e cd. Do disco “Lei Natural” tamén fixemos un documental. O disco de Kepa Junkera foi presentado o día 30 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra.
No disco que están a rematar Siniestro Total, aparecen dúas cancións gravadas en Casa de Tolos e mesuradas en USA por Joe Hardy (ZZ Top, Georgia Satelites, Steve Earle…), unha desas canción é “Casualidad”:
Os nosos amigos Carmen Penim e Maurizio Polsinelli, de 2nafronteira gravando temas para o seu novo disco, en Casa de Tolos, dónde estamos encantados cada vez que veñen a traballar connosco.