O venres 17 de xaneiro celebrouse na Sala Capitol de Santiago A Metamovida. Un Festival diferente con bos grupos: Cró, Guerrera, Unicornibot e Orquestra Metamovida.
Estivemos a gravar o Festival Metamovida, cuxo colectivo, formado por músicos da escena independente galega, elixiu Santiago de Compostela para celebrar o seu segundo festival anual. A cita, que inaugura o Compostela Rock 2014, conmemorou o cuarto aniversario da orquestra Metamovida, un conxunto en constante evolución nacido na provincia de Pontevedra que dá cabida a distintas bandas co afán de «crear algo que se mova e sexa grande» a partir da improvisación conducida mediante xestos.
O festival Metamovida, cuxa primeira edición tivo lugar en La Iguana Club de Vigo, desenvolveuse nesta ocasión na sala Capitol.
A orquestra de rock galego que impulsa a celebración, autodefínese como unha formación «metamórfica». Actualmente reúne entre dez e quince participantes que se congregan regularmente co obxectivo de potenciar a simbiose do colectivo e preparar a gravación dun disco.
Xunto co concerto da orquestra Metamovida, fío condutor do evento, actuaron como preámbulo tres das bandas que compoñen o colectivo musical. Cró! Unicornibot e Guerrera interpretaron temas propios nun pequeno entremés en solitario.
A primeira delas traballa nun novo álbum que verá a luz en primavera, Unicornibot é un cuarteto creado en Pontevedra hai seis anos e acaba de publicar o seu terceiro álbum, “Mambotron (Matapadre, 2013) “. Guerrera, combina música e vídeo en tempo real e leva dedicado á experimentación co rock e blues dende o 2009.
Próximamente en Tolemias, poderanse ver os concertos
Crónica do Festival: