Documental: De voces Ceibes a Milladoiro

Unha reflexión de Antón Seoane, músico e psiquiatra, sobre o trasfondo musical dun tempo vivido, marcado polo final da dictadura, pola chamada ás portas da democracia, a posta en escea dos nacionalismos, etc; un período no que a sonoridade do país virou dos cantautores á música folk. Un mosaico histórico-musical de encontros, amizades e descubrimentos que terá no outono do 78 á súa estación de chegada, Milladoiro.

Recolle a testemuña de moitos dos protagonistas que tiveron que ver co bigbang do que nacería o actual folk galego: Faiscas do Xiabre, Laura Quintillán, Xose A. Méndez, Miro Casabella, Quintas Canella, Bibiano, Carlos Villanueva, Xabier Garrote, Nonito Pereira, Quico de Cariño, Xosé González Martínez Pepiño de Redondela, Perfecto Conde Muruais, Quico Paz Antón, Xerardo Rodríguez, Vicente Araguas, Carlos Meixome, Xurxo Lobato, Antón Corral, etc.

Todos eles xunto con Rodrigo Romaní, Pilocha e Antón Seoane, contemplan, dende a distancia, a pegada de aqueles tempos.

Leave a Reply

Casa de Tolos S. L. Tlf: 986 389138 - estudio@casadetolos.com
UA-88832921-1