O sábado 30 de novembro estreamos o documental “Música: Alma e Industria”, que se presentou no Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) da Coruña, dispoñible dende o 1 de decembro no servizo de vídeo baixo demanda de R. Así, a canle de subscricións “Tolemias” (concertos en vivo gravados por Casa de Tolos), complétase arestora con esta peza na que músicos como Rui Veloso, Anxo Pintos, Omar Faruk, e grupos como Sibelius, Tradalp, Mighty Calacas, entre outros,… achegan as súas visións sobre a beira máis espiritual e a máis material do mundo da música.
Aquí vos deixamos o trailer do documental: