PERIGO!! STREAMING

Xa o dicía o mestre Reverendo: “hoxe cun PC un xa se cre un enxeñeiro… ” Tiña bastante razón. No caso do streaming é algo moi doado que aconteza esto. Cando falamos de streaming basicamente referímonos como a emisión de audio e vídeo a “tempo real”, ou dito doutro modo poder ver ou escoitar por internet en directo.

 Os grandes concertos emitíronse por TV antano, pero hoxe en día a moda é facelo por internet. Hai provedores como youtube que mesmo dá servizo gratuíto destreaming. Coa cámara do teu portátil ou teléfono podes enviar o sinal ao mundo.

E aí está o tremendamente grave!!

A Casa de Tolos, como produtora de eventos en directo, preocúpanos sobre todo a emisión online de concertos musicais: vemos por internet auténticas bazofias que en lugar de ensalzar ao concerto, festival ou artista o defenestran para sempre. É contraproducente para un artista ver un concerto con dúas cámaras, malas, audio da mesa de PA e que cando rematan o tema a cmara queda co guitarra mentres a afina. Penoso. O peor de todo: o que se fixo en streaming queda para sempre na rede, co cal o desastre queda como VOD (vídeo on demmand) para a audiencia.

Normal que moitos artistas non se deixen facer estas prácticas.

Un streaming non debe ser simplemente emitir o sinal. Ese sinal debe ser moi bo en canto a audio e vídeo, debe haber información do que se está a ver, printers e sobre todo continuidade entre partes musicais e actuacións.

Resumo por apartados:

  1. VÍDEO. UN BO STREAMING NECESITA DUNHA BOA REALIZACIÓN. UNHA REALIZACIÓN QUE MOSTRE COMO É O CONCERTO, O AMBIENTE, O PÚBLICO, RITMO VISUAL MUSICAL…DESDE PLANOS XERAIS QUE MOSTREN O CONTEXTO DO CONCERTO ATA PLANOS DETALLES QUE NOS POIDAN MOSTRAR A EXECUCIÓN DOS INSTRUMENTOS SOLISTAS. NUNCA DEBERÍA HABER MENOS DE 4 CÁMARAS. E POR SUPOSTO DEBERÍA HABER VÍDEOS CARGADOS NUN SERVIDOR PARA SER UTILIZADOS ANTES DA EMISIÓN, NOS CAMBIOS DE GRUPOS OU EN CALQUERA MOMENTO EN QUE O QUE ACONTECE NON TEÑA IMPORTANCIA. NON MOLA NADA VER COMO OS TÉCNICOS DESMONTAN UN BACKLINE E MONTAN O DO SEGUINTE GRUPO. MELLOR UN PRINTER ANUNCIANDO QUE EN BREVE SALTARÁN AO ESCENARIO O GRUPO X.
  2. AUDIO. NORMALMENTE HAI UN TÉCNICO DE SON ADICADO Á PA (PUBLIC ADDRESS), OU SEXA, QUE O PÚBLICO ASISTENTE ESCOITE BEN. ESE AUDIO NON TEN NADA QUE VER CO AUDIO REAL QUE SAE DA MESA DE MESTURAS DE DIRECTO POR VARIOS MOTIVOS: ACÚSTICA DO RECINTO, CONFIGURACIÓN DE CAIXAS DO EQUIPO DE AMPLIFICACIÓN, ETAPAS DE POTENCIA… O QUE HAI QUE FACER SI OU SI É DIVIDIR O SINAL DE CADA INSTRUMENTO/MICRÓFONO NO ESCENARIO E FACER UNHA MESTURA EXCLUSIVA PARA A EMISIÓN POR INTERNET.

En canto á suba e distribución de sinal hoxe hai varias alternativas, cada vez mellores: dende unha conexión de rede ata o 4G ou mesmo enlace satélite e a distribución con youtube ou empresas dedicadas como Livestream. Estas últimas poden dar “billa” a unha gran cantidade de usuarios concorrentes. Pero o importante, repetimos,non é o continente; é o contido.

Oe, aos interesados en facer streaming pois adiante, pero cremos que o importante non é mandar o sinal ao mundo, o importante é que o mundo vexa e escoite MOI BO SINAL.

Saúdos dende Casa de Tolos.

Segundo Grandío

Leave a Reply

Casa de Tolos S. L. Tlf: 986 389138 - estudio@casadetolos.com
UA-88832921-1