Os próximos días 21, 22 e 23 de agosto Casa de Tolos estaremos realizando os concertos ao aire libre que a Orquestra Sinfónica de Galicia ofrecerá no incomparable marco da Praza de María Pita na Coruña. Esta realización servirá para o seguimento do público asistente a través das pantallas situadas aos lados do escenario, así como para a emisión en directo por internet para quen non poida vir ao concerto en directo. Estes concertos tamén serán gravados. Para Casa de Tolos é unha honra poder facer este traballo coa Orquestra Sinfónica de Galicia.