Lei Natural. Documental

Música e Natureza nas Illas Cíes

Esta peza audiovisual transpórtanos ás Illas Cíes dos anos 70 para repasar as vivencias do músico e luthier galego Xavier Blanco.
Xavier Blanco, Mestre Gaiteiro e Técnico en Cultura Tradicional do Concello de Moaña, desenvolve un gran valor social a través da Escola Taller de instrumentos musicais galegos, mediante a recuperación, mantemento e difusión das tradicións culturais e folclóricas de Galicia. Pero a súa paixón pola música de raíz remóntase á súa infancia nas Cíes, onde a súa vida cotiá estaba en permanente contacto co medio natural.

O músico galego Xavier Blanco percorre as Illas Cíes para amosar cada un dos instrumentos musicais que el mesmo facía de neno empregando materiais naturais

más más Lei Natural

Blanco chegou ao arquipélago a principios dos 70, cando tiña 8 anos e o seu pai traballaba no “Sicas”, o primeiro barco de ferro de pasaxeiros das Cíes. En Lei natural cóntanos como, durante a súa nenez, aprendeu a facer música con elementos naturais e entendeu que había unha especial fusión entre a natureza e a música.  Xavier percorre as illas para amosar cada un dos instrumentos musicais que el mesmo facía de neno con materiais naturais. Con eles toca ou canta pezas, acompañadas sempre de cadansúa vivencia infantil, como por exemplo o seu recordo do xeito de comunicarse a xente dos barcos coa xente das illas mediante asubíos. E todo isto, coas fantásticas paisaxes das Cíes coma pano de fondo. Sen dúbida, un documental para desfrutar cos cinco sentidos.

máis Tolemias na televisiónR
Xunto a este documental e outros como De Voces Ceibes a Milladoiro, Tolemias recolle tamén unha ampla oferta musical de todos os estilos, con máis de 100 concertos que o estudo Casa de Tolos vén gravando por toda a xeografía galega e que se seguirá ampliando nos vindeiros meses. A selección inclúe dende concertos multitudinarios ata actuacións en teatros, auditorios ou pequenos pubs, pero sempre cun denominador común: o directo. Nela atoparedes principalmente a músicos galegos pero tamén a bandas estranxeiras que viñeron actuar a Galicia. Rock, jazz, folk… da man de artistas coma El Columpio Asesino, Los Coronas, Delafé, La habitación roja…ou mesmo a última edición do Festival Intercéltico de Ortigueira ao completo.

Lei natural.Docu

Lei natural.Docu

Lei natural.Docu

Lei natural.Docu

Lei natural.Docu

Lei natural.Docu

Lei natural.Docu

Lei natural.Docu

más Lei Natrural

Lei natural.Docu

Leave a Reply

Casa de Tolos S. L. Tlf: 986 389138 - estudio@casadetolos.com
UA-88832921-1