Pasado o mes das flores toca quitárnolo saio!
E xa que estamos pois nos solidarizamos coa vosa operación bikini: este mes ven cargadiño de música para non parar de bailar!!
Temos á incrible Sés no concerto de presentación do seu novo traballo “Tronzar os Valos” no teatro Rosalía da Coruña un lugar fermosísimo e ela coma sempre non defrauda…
Tamén temos á Bakin Blues Band coa sección de metais da Magnifique Bande dos Homes Sen Medo, que se deixaron caer pola Casa de Tolos para que moveramos un pouquiño o cu. Como soa a Bakin!
Cambiando un pouquiño de estilo pero sen parar quietos temos a Susana Seivane co seu espectacular directo dende Lugo no San Froilán. Gravados tamén en Lugo os coñecidos Efecto Pasillo co seu Pan e Mantequilla para todas e todos. A ver quen se resiste!
E xa para relaxarnos e gozar dende a comodidade do sofá temos á Real Filharmonía de Galicia por partida dobre: interpretando o Movemento nº 5 de Mendellsohn e tamén o concerto con Abe Rábade Trío.
Desfrutadeo con moderación!