Unha música moi clásica
por on Maio 29, 2014 en Novas

Este ano comenzamos a gravar á Real Filharmonía de Galicia e estamos tan contentos do resultados que continuamos sen parar. Dende que no mes de febreiro comezamos gravando a Pastoral de Beethoven (Sinf nºVI) prácticamente cada mes voltamos ao Auditorio de Galicia para captar o incrivel son que desprende dun xeito plenamente acústico unha formación compensada. Sempre é un pracer poder experimentar esta sensación. A tempada está a piques de rematar, pero agardamos poder seguir adicándonos a estas músicas moitas tempadas mais.

Este mes, as “tempestades” evocaron os dramas de amor e morte de Shakespeare e o “Scheherezade” de Rimsky-Kórsakov (esta última emitirase en xullo) deixounos unha tormenta de son, diálogos rotundos e compasados da corda, o metal, a percusión e a madeira. Os sós do tema principal foron crecendo nos dedos do concertino de violín, James Dahlgren, co desenvolvemento da obra que describe un ambiente frenético no mercado de Bagdad.
Deixámosvos coa Tempestade Opus.18 de Piotr Ilich Chaikovsky, dirixida a Filharmonía por Paul Daniel.!

Deixa unha resposta

Casa de Tolos S. L. Tlf: 986 389138 - estudio@casadetolos.com