Os próximos éxitos
by on August 31, 2015 in Novas

En Casa de Tolos estamos a observar que o talento non ten límites e a creación pide paso a novos escaparates. Por iso estamos agora inmersos en varias producións. Algunhas novatas e outras de consolidación artística. Facemos un breve repaso:

Isaac Recondo

Este cantante vigués afincado en Ourense lanza o seu primeiro traballo. Podemos dicir co disco a punto de ser enviado a fábrica que é unha colección de HITs compostos os últimos 30 anos e é agora cando o encontra sentido sacalos á luz.

Carlos Yus

Hai pouco gravámoslle “Pan de Millo” co seu grupo de música infantil Migallas. A Carlos apeteceulle agora captar cancións que tiña dende hai tempo e outras de recente composición pero dedicadas a un público máis adulto. Letras comprometidas e retranca a cachón. Moi interesante! Aínda que é moi distinto ao que está a rexistrar estes días en Casa de Tolos botar un ollo a un vídeo de Migallas:

2na Fronteira

Carmen Penim e Maurizzio Polsinelli son asiduos clientes de Casa de Tolos. Neste novo disco contan por primeira vez con colaboracións e incorporacións de novos instrumentos. Precioso disco!! Aquí podedes ver un vídeo do anterior traballo:

Piquin

O músico compostelán está a gravar o seu segundo traballo en solitario, “Odisea”, onde o autor nos sorprende cunhas letras coidadas e transcendentais e cun vestiario musical baseado nun pop rock ecléctico con acento británico dos 70 e 80. Un exemplo dunha canción do disco anterior:

Javier Gonzalez

Como sempre, Javier vén a Casa de Tolos cuns folios cheos de poesía sobresaínte e un fío argumental conciso e brillante. Aínda estamos en fase embrionaria, pero a cousa xa promete. Un exemplo dun disco anterior:

Leave a Reply

Casa de Tolos S. L. Tlf: 986 389138 - estudio@casadetolos.com