FECHA: 23 mayo, 2015
HORA: 8:00 pm
UBICACIóN: A Goldra 3, 36388 Mañufe, Galicia, Spain
Concerto Xacobe Martínez Antelo Trío 23 mayo, 2015

Xacobe Martínez Antelo Trío. Concerto en CDT. 23 de Maio, 2015.

Xacobe Martínez Antelo: Contrabaixo

Max Gómez: Batería

Rosolino Marinello: Saxo tenor

O próximo sábado 23 de Maio estarán na Casa de Tolos o trío de Jazz de XMA Trío

Xacobe Martínez Antelo declárase autodidacta activo. Comezou na música ós 13 anos, e xa leva 20 subíndose ós escenarios.

No 2009 presenta esta nova formación ó seu nome, con traballo discográfico incluido. Nove temas orixinais en formato trío, cunha instrumentación xenuinamente jazzística: saxo, batería, e contrabaixo . O peculiar deste tipo de tríos é a ausencia de instrumento harmónico, o que dota ós músicos dunha maior libertade e responsabilidade, a tódolos níveis.

A esixencia nesta ocasión é a de ser máis músico que nunca, e maior improvisador que nunca. O repertorio xoga tamén neste disco un papel fundamental, xa que posiciona ós músicos en contextos moi distintos e ata extremos entre sí.

Sobre composicións orixináis, garántese unha entrega concienzuda e apaixoada ó jazz, á improvisación, á interacción, á creación colectiva, ó respeto…. á MÚSICA… Conta nesta ocasión con Rosolino Marinello ao saxo, e Max Gómez á batería.

Leave a Reply

Casa de Tolos S. L. Tlf: 986 389138 - estudio@casadetolos.com
UA-88832921-1