Presentación de “Mudan”, o novo albúm de Xavi Ferreiro
Xavi Ferreiro presenta novo disco dentro da serie Os Concertos de Casa de Tolos, o mércores 19 de Abril de 2017, en exclusiva para TolemiasApp

O vindeiro mércores 19 de Abril ás 21:15, Xavi Ferreiro presenta nas instalación da productora Casa de Tolos, Gondomar, o seu novo traballo “Mudan!”. A entrada é por invitación, solicititándoa na dirección producción@casadetolos.com co número de asistentes e os datos de contacto.

Xavi Ferreiro volve a editar un novo traballo despois de 15 anos afastado dos estudos de grabación. O cantautor asturiano de nacemento pero galego de alma, regresa a súa terra dende o seu exilio laboral en Suiza con 11 potentes temas debaixo do brazo. “Mudan” é a representación absoluta da vontade de avanzar. A letra das canción teñen unha riqueza de significado e profundidade, descubrindo unha nova mensaxe cada vez que a escoitas. Ca producción e arranxos de Segundo Grandío, o cóctel deixa un sabor de boca introspectivo e crítico, cunha sonoridade e letras marcadas pola madurez e a orixinalidade.

O concerto grabase en exclusiva para Tolemias, a nova plataforma de música en directo, no mercado ó final do verán de 2017. Tolemias aspira a ser o espacio da música en directo na distribución dixital, amosando o verdadeiro valor da creación musical: a interpretación dos temas dunha banda diante do seu público.

Leave a Reply

Casa de Tolos S. L. Tlf: 986 389138 - estudio@casadetolos.com
UA-88832921-1