DATE: 28 May, 2015
TIME: 10:00 pm
LOCATION: A Goldra 3, 36388 Mañufe, Galicia, Spain
Concerto Soul Jacket 28 May, 2015

A banda comezou a súa andaina no ano 2004 e con este o seu terceiro álbum de estudo -precedérono ” Wood Mama” en 2012 e “Gunpowder Valley” en 2013- celebran dez anos de traxectoria musical, unha traxectoria con lixeiros cambios de formación, pero que conserva a tres dos seus integrantes orixinais -Toño López á voz, Jann Zerega ao baixo e Mauro Comesaña á batería- aos que se suman as guitarras de Jorge MizerGuillermo Gagliardi, e dende fai pouco máis dun ano a sabedoría e o bo facer dun veterano teclista da escena viguesa como é Xabier Vieitez (Transilvanians, Foggy Mental Breakdown, etc.)
O bo sabor de boca que deixou “Wood Mama” tanto a público coma a prensa especializada -un disco debut que recibiu os eloxios de publicacións como Ruta66, Popular1 ou o diario El País– é unha das razóns polas que a banda decidiu poñerse de novo nas mans de Hendrik Röver para dar forma aos temas de este novo traballo. Sen dúbida o músico cántabro líder de Los Deltonos coñece como ningún ese son puramente americano que se desprende da música de The Soul Jacket.
Pero se algo diferencia a banda viguesa da maioría dos seus coetáneos e colegas de profesión é que non teñen reparo en afastarse da obviedade do rock & roll para mostrar todas as súas inquietudes. Escoitando o seu anterior traballo, o EP de tres temas e máis de 20 minutos de duración “Gunpowder Valley“, resulta evidente que estes seis músicos non se atan ás limitacións dunha música “radiable“. A súa facilidade para incluír sons afrolatinos ou mesmo algo daquela psicodelia californiana de finais dos sesenta en temas que superan os 8 minutos é para a banda viguesa algo natural e ata necesario.

Se queres acudir a este concerto podes mercar o seu  DOBLE VINILO de BLACK COTTON LIMITED xunto cun pase para a actuación na tenda de discos ELEPÉ de Vigo!

Leave a Reply

Casa de Tolos S. L. Tlf: 986 389138 - estudio@casadetolos.com
UA-88832921-1