Concertos CDT

No mes pasado non paramos quietos!

Tivemos o privilexio de achegarnos ao jazz galego da man de Felipe Villar Trío, composto por Felipe na guitarra, Xose Manuel Díaz ao contrabaixo e Max Gómez á batería. Concerto que por certo xa podedes gozar en Tolemias, no VOD de R.

Tamén tivemos porción dobre de blues:

Primeiro cos enormes Bakin Blues Band acompañados da sección de metais da Magnifique Band dos Homes sen Medo, un auténtico privilexio poder traelos ata o noso estudo! Se tiveches o privilexio de asistir ou de escoitar o streaming estaredes de acordo connosco de que foi un C-O-N-C-E-R-T-A-Z-O! Estará dispoñible en Tolemias a partir do un de xullo, pero aquí tedes un pequeno adianto para ir abrindo boca!

Unha semana despois tivemos a enorme sorte de que viñese a visitarnos o recoñecido Victor Aneiros xunto con Fran Rey, tendo unha reunión xenial cargada de rock e sobre todo de blues. Para poder gozar deste concerto no sofá da casa tedes que ter un pouquiño de paciencia xa que o teredes dispoñible a partir de agosto, pero prometemos que paga a pena!!

E por suposto este mes de Maio tamén vén cargadiño de música:

Contaremos con Xacobe Martínez Antelo Trío, formado por Xacobe no contrabaixo, Max Gómez na batería e Rosolino Marinello ao saxo, que pasarán polo estudo o sábado 23. Músicos entregados de forma concienciuda e apaixonada ao jazz, á improvisación, á interacción, á creación colectiva: á MÚSICA. Que mellor plan para un sábado?

Cambiando un pouquiño de estilo, tamén teremos os The Soul Jacket, formados entre Vigo e Nigrán no 2004, traballaron duro ata establecerse como un referente do rock&roll galego e vigués.

O seu son tipicamente americano: profundo pero cálido. Rock&roll clásico, pero cun chisco de Soul sureño xunto coa impoñente posta en escena asegúrannos un concerto memorable. Será o día 28 e por suposto, estades todos invitados!

Leave a Reply

Casa de Tolos S. L. Tlf: 986 389138 - estudio@casadetolos.com
UA-88832921-1