Acabamos o último disco de Roi Casal “Son galego Son cubano”
by on May 9, 2016 in Novas

Acabamos de gravar, mesturar e masterizar o último disco de Roi Casal “Son galego Son cubano”

A idea deste disco xorde por parte das autoridades cubanas. A viceministra de Cultura proponlle a Roi Casal en 2014, durante a rolda de prensa na que lle entregan o Premio Internacional Cubadisco na Habana (que o ano anterior concedéranlle a Paco de Lucía) a gravación do mesmo.

A gravación deste realízase durante 2 anos de viaxes á illa, contando con 2 colaboradores de exepción como son Pablo Milanés e Laritza Bacallao. O primeiro é un mito vivente, e a segunda é a megaestrela do momento en Cuba e con moitísimo tirón entre o público latino.

Parte das letras son de Neira Vilas, o noso gran escritor do século XX.

Neste disco participan coros de Habana de primeira, o frautista dos Van Van, percusionistas de Silvio Rodríguez, o pianista e arreglista de Pablo Milanés…

O disco estrearase o 27 e 28 de maio no Gran Teatro da Habana.

Leave a Reply

Casa de Tolos S. L. Tlf: 986 389138 - estudio@casadetolos.com